
A Plataforma de Aprendizaxe de Políticas de Interreg Europe continúa “na estrada” e fixo unha parada nas rexións portuguesas nun evento online, celebrado o 19 de outubro ao que asistiu o proxecto EPICAH, en colaboración coa rexión do Alentejo, co obxectivo de reunir ás autoridades para analizar os retos da política verde
A iniciativa Policy Learning Platform on the road ten como obxectivo “visitar” stakeholders rexionais e locais de Europa, especialmente aos das autoridades de xestión dos programas dos Fondos Estruturais e dar a coñecer as oportunidades de creación de redes e aprendizaxe que ofrece Interreg Europe.
Dado que este evento contou coa colaboración da rexión do Alentejo, debateuse a iniciativa chamada “Alentejo Green Deal” que pretende traspoñer na rexión a estratexia europea do Pacto Verde centrándose nas necesidades e prioridades rexionais doutras estratexias e abordando as áreas temáticas do Pacto Verde. Tamén se mencionou a importancia de dixitalizar esta rexión para convertela nunha comunicade “intelixente” e innovadora, que atraia a máis novas e impulse a economía.
Antes de pasar aos testemuños das rexións Norte, Centro, Lisboa, Algarve e Azores, presentouse Interreg Europe no contexto portugués. O país luso conta con 22 cambios de política rexistrados en 19 proxectos nos que se inclúe EPICAH. O novo período de financiamento conta cun país menos, Reino Unido, pero cun lixeiro aumento do orzamento, que pase de 359 a 379 millóns de euros e pretende seguir co mesmo obxectivo de mellorar as políticas de desenvolvemento rexional mediante o intercambio de experiencias, enfoques innovadores e a creación de capacidades.
Neste contexto, Portugal foi presentado polos representantes das diferentes rexións convidadas ao evento como un país moi diversificado en termos de características naturais, ao que se presenta como unha oportunidade para ser explotado de forma sustentable. No evento destacouse que o país luso é unha porta de entrada alén do Atlántico e ten fortes características fronteirizas en España, dous feitos que sen dúbida deben ser explotados e aproveitados en futuras convocatorias do programa.
O principal obxectivo da reunión foi explicar en profundidade todas as posibilidades que ofrece a Plataforma. Presentouse como un espazo de aprendizaxe continua dedicado a que os responsables políticos rexionais reciban axuda para presentar mellores políticas inspirándose no que outros están a facer. O obxectivo é que os resultados dos proxectos non desaparezan ao finalizalos, é dicir, crear un repertorio de boas experiencias e políticas que poidan ser consultadas no futuro, aínda que o proxecto terminase. Ademais, explicouse que existe a posibilidade de celebrar sesións de asociación de dúas horas entre 2 ou 3 colegas doutras organizacións para recibir feedback e achegas sobre unha idea de proxecto, un helpdesk político para recibir unha resposta por escrito dun experto sobre os retos detectados nun territorio, e organizar reunións de dous días entre 4 ou 5 colegas doutras rexións para obter achegas e feedback, no que o programa denomina “peer-reviews” (revisións entre pares).