Os membros da executiva debateron sobre as propostas para un posible novo acordo de cooperación entre España e Portugal
A comisión executiva da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) celebrou o 14 de febreiro a súa primeira reunión anual na localidade portuguesa de Belmonte.
Durante a reunión, que contou tamén coa participación dos membros do Consello Consultivo de Fronteira, aprobouse o programa de traballo para 2018 e concretouse a forma para o traslado das propostas para un novo acordo de cooperación entre España e Portugal ás comunidades autónomas transfronteirizas.
Así mesmo, a executiva da RIET foi informada da reunión mantida recentemente entre o presidente e o secretario xeral coa comisaria europea de Política Rexional, Corina Cretu, para transmitirlle a posición da RIET en relación á política de Cohesión post 2020.