
Nun mundo cada vez máis globalizado e apoiado nos sistemas de comunicacións para as entidades colectivas e para a maioría das persoas, o custo soportado co roaming é unha verdadeira barreira económica que urxe combater.
Sobre todo no plano Europeo - onde nos podemos enorgullecer dunha profunda integración dos mercados e dunha substancial liberdade de circulación dos cidadáns para fins turísticos ou profesionais -, a existencia do roaming é case a constatación dunha última fronteira na Unión Europea, que, en coherencia, debe tamén ser eliminada.
As vantaxes para todos con excepción das operadoras de telecomunicacións son evidentes: deixar de pagar por recibir chamadas no estranxeiro, integrar as chamadas efectuadas en tarifas contratadas no país de orixe ou, como é case obrigatorio nas actuais circunstancias, non ter que desconectar a conexión de datos cando se entra noutro país debido ao esaxerado e inxustificado custo de navegación en itinerancia.
Máis aló diso, a eliminación traería un enorme beneficio para as poboacións de fronteira, traducido no feito de que deixarían de ser invadidas pola(s) rede(s) do país veciño, coas consecuencias involuntarias e indeseadas que se reflicten na factura mensual por unha tarifa de roaming que non é realizado conscientemente.
Esta é, de feito, unha situación que calquera de nós pode comprobar con facilidade ao desprazarse en coche a España e facer uso das redes nacionais nos primeiros kms, aínda que despois tamén se mantén o acceso a través de redes estranxeiras no regreso, xa dentro de Portugal.
A verdade é que este é un tema que nunca deixou indiferente á Comisión Europea. Desde 2007, cando se determinou o primeira 'euro-tarifa', até 2013, coa proposta para un 'Continente Conectado', foron múltiples as iniciativas tendentes á supresión do roaming no espazo Europeo.
De feito, o propio Parlamento Europeo aprobou en abril de 2014 a proposta da Comisión Europea para a eliminación do roaming en Europa até Decembro do 2015.
Con todo, en abril deste ano, os Estados-membros inviabilizaron esta proposta no Consello Europeo e avanzaron cun conxunto de medidas que reducen substancialmente a ganancia potencial e que difiren no tempo á hora de concretalo.
Agora, nun contexto en que tanto se invoca o distanciamento entre Europa e os cidadáns, esta é tamén unha oportunidade clara para que os europeos expresen de forma inequívoca a súa vontade.
De aí a iniciativa cívica promovida conxuntamente polo Eixo Atlántico, a RIET e as organizacións en defensa dos consumidores, DECO (Portugal) e OCU (España), que consiste en promover por toda Europa asinas dixitais de apoio á resolución aprobada polo Parlamento Europeo. Estas firmas son recollidas dunha maneira moi simple na plataforma change.org a través do link www.change.org/zeroroaming.
Algúns países, descontentos con esta decisión, resolveron bilateralmente o problema, como é o caso de Bélxica e de Luxemburgo, que determinaron eliminar o roaming entre ambos os países nun acordo histórico. Quen sabe se este podería ser un exemplo a seguir polos Gobernos de Portugal e España, cos beneficios obvios para os cidadáns da Península Ibérica.
Eu xa asinei. E ti?
Ricardo Río
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.