Xosé Regueira, Concelleiro de Turismo de Carballo: "Hai que cobrar polo turismo. Ten que ter un retorno económico no territorio e, sobre todo, na poboación residente"
Porto Canal emitiu un programa sobre a preservación dos espazos naturais do Eixo Atlántico e de como aproveitalos economicamente dende un punto de vista proteccionista
O Eixo Atlántico reuniu en Porto Canal a representantes da costa e do interior de Galicia e do Norte de Portugal para falar da conservación dos espazos naturais e de como unha política respetuosa pode xerar emprego sen danar aos ecosistemas do Courel, a Ribeira Sacra, as Fragas do Eume, a Costa da Morte, a Costa Portuguesa ou Peneda-Gerês.
Xosé Regueira, Concelleiro de Turismo do Concello de Carballo, asegurou que: "A sustentabilidade hai que evaluala dende o punto de vista da preservación e tamén do retorno económico. Temos que ser capaces de xestionar uns fluxos pero tamen debemos empezar a darnos conta de que hai que que cobrar polo turismo . O turismo ten que pagar por desfrutar dos espazos, ten que ter un retorno económico no territorio e, sobre todo, na poboación residente. Non pode ser que, nalgúns concellos moi turísticos da Provincia da Coruña, a visita de 350 mil turistas supoña un problema, debería ser unha oportunidade para a poboacion local".


Benjamim Pereira, Presidente da Câmara de Esposende, explicou que: " Antes o desenvolvemento era sinónimo de pulición, de polígonos industriais... pero eso xa mudou. O mundo esá en cambio permanente. Unha cidade limpia é unha cidade atractiva que atrae a turistas e promove o retorno económico. A xente moza está están totalmente concienciada e, eu diría, que foron un activo moi mportante nesta problemática".
António Barroso, Adxunto do Presidente da Câmara de Braga, explicou que: "O turismo sostenible, máis que unha moda, é un desafío moi importante. Ao haber turismo hay negocio e crea vida en zonas recónditas grazas a este fluxo de persoas que fan surxir un pequeno aloxamento ou pequenos comercios. Está todo relacionado"
"Hai outro desafío: o transporte máis sostible. Facemos moita promoción pero, ás veces, non e fácil traer a tantas persoas. O turista xa, moitas veces, escolle a onde viaxar en función de se hai xeito sostible de chegar polo que temos que pensar en conectar ás persoas a través das conexións ferroviarias ao resto de Eruopa".


Pablo Rivera, Deputado da Área de Promoción Económica e Social na Deputación de Lugo, incidiu en que "As administracións, como por exemplo a que eu represento, temos que apostar por un cambio de paradigma no aspecto turístico. Das sete reservas da biosfera de Galicia, 4 tocan o territorio da Pronvincia de Lugo e, un dos principais atrancos, é ese traballo de conciencia na poboación para que non vexan os espazos protexidos como algo restrictivo, senón como unha oportunidade. Eso é o primeiro elemento fundamental para cambiar o futuro da nosa economía dende o punto de vista turístico. Algo que se vexa como unha oportunidade garantiza a sustentabilidade no futuro xa que crea oportunidades económicas e fixa poboación, un dos grandes problemas que sufrimos no interior".
Pode ver o programa completo de Porto Canal aquí: