Skip to main content

Xoán Vázquez Mao e Manuel Baltar inician os trámites para a incorporación da Deputación de Ourense ao Eixo Atlántico

Xoán Vázquez Mao e Manuel Baltar inician os trámites para a incorporación da Deputación de Ourense ao Eixo Atlántico

A entrada podería facerse efectiva na asemblea xeral do Eixo Atlántico de febreiro do próximo ano

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, mantivo onte unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,  durante a que se iniciou o proceso para a incorporación do organismo provincial ao Eixo.

Á vista de que as conversacións van por bo camiño, os prazos que manexan ambas as entidades apuntan a que a incorporación da Deputación se podería facer efectiva na asemblea xeral do Eixo Atlántico de febreiro de 2021.

Hai que ter  en conta que o feito de que a Deputación de Lugo xa forme porte tamén do Eixo Atlántico facilita moito o camiño para a entrada da de Ourense e que, por outra banda, a  Deputación de Ourense ten un proxecto moi converxente cos obxectivos do Eixo tanto en proxectos europeos, como en temas centrais para o Eixo como é o caso do termalismo ou os traballos que se están desenvolvendo nos territorios con crise demográfica.

Xoán Vázquez Mao destacou a importancia de que o Eixo Atlántico siga crecendo e que se configure “como un dos espazos máis seguros para a saída da crise dos concellos e a defensa dos intereses dos cidadáns”.