Xoán Vázquez Mao analiza, nos medios de comunicación galegos, os resultados das eleccións municipais en Portugal e as súas implicacións para a cooperación transfronteiriza

O secretario xeral do Eixo Atlántico concedeu varias entrevistas en distintos medios estes días para pór en contexto os resultados das eleccións municipais en Portugal, compartir a visión do Eixo Atlántico sobre o panorama político luso e subliñar que os proxectos de cooperación con Galicia non se verán afectados. A pesar de que os enfoques de cada medio teñen matices, o eixo central do discurso é común.
A continuación, as entrevistas principais:
- TreintaySeis / Quincemil / El Español
🔗 https://www.elespanol.com/treintayseis/economia/20251016/xoan-mao-xerente-do-eixo-atlantico-portugal-continua-na-senda-da-inestabilidade/1003743970115_0.html?utm_source=twitter_coruna&umbralhora=8 - Economía Digital Galicia
🔗 https://www.economiadigital.es/galicia/actualidad/inestabilidad-politica-freno-extrema-derecha-lectura-eixo-atlantico-elecciones-portugal.html - Nós Diario
🔗 https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/xoan-vazquez-mao-secretario-xeral-do-eixo-atlantico-portugal-continua-senda-da-inestabilidade/20251015082157236722.html - Metropolitano
- 🔗Lea a entrevista
Nas distintas entrevistas, Xoán Vázquez Mao coincidiu en sinalar que Portugal atravesa unha etapa de inestabilidade política prolongada, iniciada coa dimisión do primeiro ministro António Costa e agravada polos resultados das eleccións municipais, que deixan un mapa fragmentado e con dificultades para formar gobernos locais sólidos. Mao advertiu que esta situación podería ralentizar certas decisións estratéxicas, pero non compromete a cooperación institucional entre Galicia e Portugal.
O secretario xeral do Eixo Atlántico tamén destacou que o ascenso da extrema dereita non se consolidou a nivel municipal, o que considera “un freo positivo para a democracia portuguesa”. Subliñou, ademais, que os proxectos transfronteirizos —en materia de transporte, infraestruturas e desenvolvemento urbano sostible— continúan con normalidade e seguirán sendo unha prioridade para o Eixo Atlántico, confiando en que o diálogo entre administracións locais permita manter a estabilidade necesaria para avanzar nas políticas comúns do Arco Atlántico.