O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, participou esta semana no III Foro Urbano de España, celebrado na Coruña, convidado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. 
Na súa intervención, Mao defendeu a necesidade de crear áreas metropolitanas en Galicia, unha ferramenta fundamental para mellorar a gobernanza urbana e a planificación do territorio. Mao denunciou que a ausencia destas estruturas en Galicia débese a problemas estritamente políticos, o que está a ter consecuencias negativas directas en ámbitos clave como o transporte, a mobilidade e a calidade de vida da cidadanía.
