O carballo galego compite con outros 15 finalistas para nomearse como a Árbore Europea do Ano
O Eixo Atlántico vota ao Carballo do Banquete de Conxo para que sea nomeado como a Árbore Europea do Ano 2022. O lunes 28 de febreiro será o último día para decidir qué árbore queres que consiga o galardón. Todas as persoas poden votar a través deste enlace: https://www.treeoftheyear.org/Vote. Unha vez realizado o voto nesta páxina, deberase confirmar dende o correo electrónico.
Este carballo de 250 anos, nado na Ilustración, representa a liberdade. Coñecido como “o avó”, foi testigo en 1856 do Banquete Democrático de Conxo, unha comida na que, universitarios de clase alta, servieron a obreiros y artesáns un banquete. Tratouse de un acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Liberdade, Igualdade e Fraternidade.
Rosalía de Castro tambén participou en enriquecer a historia da árbore compostelana. A súa novela El primer loco está ambientada neste lugar e no seu poema Los robles, do libro En las orillas del Sar, denunciou as talas incontroladas. Os 30 metros deste Quercus resistiron á orde do cardenal Payá, arzobispo de Santiago, quen ordeou que se talara o carballo.
O obxectivo do concurso Árbore Europea do Ano, organizado dende fai 12 anos pola asociación medioambiental Environmental Partnership Association, é resaltar aos árboles máis lonxevos como importante patrimonio natural e cultural que deberíamos apreciar e protexer.