
O Concello de Vilalba acolle os días 5 e 6 de maio un programa de intercambio escolar con alumnado procedente de Guimarães. A iniciativa, promovida pola Concellería de Educación, inclúe unha completa axenda de actividades culturais, lúdicas e educativas.
O luns 5, tras a chegada e recepción oficial no Concello, os participantes visitarán o CEIP Insua Bermúdez, compartirán xantar, e disfrutarán de xogos e visitas culturais, como á queixería Don Crisanto e á Torre dos Andrade. O martes 6 haberá actuación musical, camiñadas pola natureza e unha despedida no Auditorio Municipal.
Este intercambio reforza os lazos educativos e culturais entre Galicia e Portugal, fomentando a convivencia e o coñecemento mutuo entre estudantes de ambas rexións.