Vila Nova de Famalicão e Braga reciben a bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico da súa anterior sede
Maia cédelle a bandeira ás dúas novas cidades que acollerán, do 30 de xuño ao 5 de xullo de 2024, a XV edición dos Xogos do Eixo
Os municipios de Vila Nova de Famalicão e Braga acollerán este ano os XV Xogos do Eixo Atlántico, unha iniciativa deportiva que cada dous anos xunta a miles de participantes dos municipios e entidades que integran o Eixo Atlántico, e que aposta pola promoción do deporte, a convivencia entre la xuventude y tamén un mellor coñecemento entre a cidadanía da Eurorrexión. Na súa última edición, realizada en 2022, os Xogos celebráronse en Maia alcanzando o maior número de participantes con máis de 2 mil deportistas.
Co obxectivo de oficializar a sede dos Xogos del Eixo Atlántico de 2024, realizouse nos Paços do Concelho de Vila Nova de Famalicão a cerimonia de traspaso da bandeira dos Xogos de Maia a Famalicão e Braga, protagonizada polo presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Famalicão, Mário Passos, polo presidente do Eixo Atlântico, Luís Nobre, pola vice-presidente da Câmara Municipal de Braga, Sameiro Araújo, polo concelleiro de deportes da Câmara Municipal da Maia, Hernâni Ribeiro, polo secretario xeral do Eixo Atlântico, Xoán V. Mao e polo presidente do Grupo Temático de Deporte do Eixo, José Guilherme Aguiar. A cerimonia contou tamén coa presenza de varios responsables políticos e técnicos, membros do Grupo Temático de Deporte do Eixo Atlántico.
Esta XV edición inaugurarase o 30 de xuño en Vila Nova de Famalicão aínda que as competicións celebraranse, ate o 5 de xullo, tanto en esta cidade como en Braga. Os participantes poderán competir en 6 disciplinas: balonmán, baloncesto, fútbol 7, voleibol, atletismo, incluíndo o adaptado, e natación, incluíndo a adaptada. Por primeira vez, nesta edición haberá fútbol 7, tamén feminino.
