A reunión tivo por obxectivo poder intercambiar puntos de vista e opinións cos expertos científicos encargados da coordinación do traballo
A Casa das Artes da Câmara Municipal de Vila Nova de Famalicão foi o escenario da derradeira reunión entre os expertos que redactan a Axenda Urbana do Eixo Atlántico e os representantes dos concellos que a integran. O obxectivo da mesma foi determinar un marco para a discusión nas mesas de traballo que permita aos participantes facer a súas aportacións.
Na xuntanza abordáronse cuestións como a cohesión do territorio da eurorrexión e cómo conciliar os intereses dos distintos concellos no marco da mesma, a vertebración do territorio entre a costa e o interior ou como facilitar a mobilidade. No apartado da competitividade abordouse cómo poderíamos ser máis competitivos, cómo traducir esa competitividade en emprego de calidade ou cómo determinar os sectores máis competitivos da eurorrexión.
Ao debater sobre cidadanía tratouse de cómo atallar o problema demográfico, ou previr os problemas de integración e de inclusión derivados da crise económica e dos fenómenos migratorios, ou como incrementar a participación cidadán na toma de decisións.
No apartado da gobernanza abordáronse temas como o papel dos concellos, a cooperación e concertación entre as administracións ou o papel que deben xogar os lobbies eurorrexionais. No relativo a sustentabilidade falaron de cómo reducir os efectos da dispersión urbana na Eurorrexión, qué se pode facer para crear un espazo urbano de calidade e qué medidas se deben tomar para facer un uso máis racional dos recursos naturais (auga, só, sector primario) e cómo alcanzar a suficiencia enerxética na Eurorrexión.
O equipo de expertos que redactan a Axenda Urbana do Eixo Atlántico está formada por
- José Palma Andrés, Exdirector de Cooperación Territorial da Comisión Europea
- Andoni Aldekoa, DIRCOM Presidencia e Goberno Vasco na Eusko Jaurlaritza
- Luis Domínguez, codirector da Axenda Urbana e Profesor Titular de Historia contemporánea e Titular da Cátedra Jean Monnet Ad Personam de Historia da Construción Europea
- Martín Fernández Prado, Profesor da Universidade da Coruña
- Emilio Suárez, profesor da Universidade de Vigo
Descargar Ponencias: