A oitava edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrarase os días 13 a 14 de abril de 2024 en Barcelos
A Mostra Musical, que se realiza bienalmente dende 2008, recoñece, promove, premia e divulga a práctica musical, apoiando músicos e intérpretes que, polo seu valor e interese, poidan contribuír para a difusión do gusto pola música galega e do Norte de Portugal, privilexiando a innovación, a calidade, a interacción e a renovación do panorama musical do Eixe Atlántico.O evento reúne en cada edición cerca de 300 alumnos de escolas e conservatórios de música das cidades do Eixo Atlántico.
O Municipio de Barcelos acollerá este evento co que pretende consolidar unha programación cultural diversificada, a través de workshops, talleres, concertos, entre outras actividades, que se realizarán entre os días 6 e 14 de abril de 2024 potenciando os obxectivos da Mostra Musical para a identidade cultural de Barcelos e dando visibilidade ao cluster musical da Eurorrexión no contexto das Cidades Creativas da Música, da rede UNESCO.