Viana do Castelo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2025, presenta a programación desta 8ª edición

Asactividades e eventos comezan o 1 de xaneiro co “Concerto de Aninovo” aínda que a inauguración oficial celebrarase o 17 de febreiro con “Mar Adentro”, un espectáculo multidisciplinar dirixido por Daniel Pereira Cristo e que contará coa actuación de Xabier Díaz. Consulte aqui a programação da Capital da Cultura do Eixo Atlântico 2025.pdf.
A Capital da Cultura do Eixo Atlântico é un programa que se vén desenvolvendo desde hai 16 anos sendo a actividade, xunto cos Xogos, con maior nivel de participación e satisfacción cidadá. O evento promove a creación cultural, tanto de creadores e artistas de Galicia como do Norte de Portugal, así como a accesibilidade ao consumo cultural.
A Capital da Cultura do Eixo Atlántico realza o protagonismo dos creadores máis novos e pon en valor a importancia das industrias culturais e a creación de emprego e actividades económicas a través da creación cultural do territorio do Eixo Atlántico. A Capital promove o concepto de “democratización e democracia cultural”, un proceso que busca facer a cultura accesible tanto para o consumidor como para o produtor. Para o consumidor, significa garantir que toda a cidadanía, sen importar a súa situación económica, social ou xeográfica, poida acceder a expresións culturais de calidade. Pola súa banda, para a produción cultural, a democratización tamén implica permitir que todas as persoas, independentemente da súa formación ou recursos, poidan ser creadoras de cultura. Isto fomenta a diversidade de voces e a innovación, permitindo que as comunidades e os individuos poidan compartir as súas perspectivas, enriquecendo o panorama cultural global. A democratización cultural non só busca un acceso igualitario senón tamén unha participación activa de todos na creación e distribución da cultura.
Nesta oitava edición a cidade de Viana do Castelo candidatouse a Capital cunha proposta de programación que integra eventos e actividades plurais, tanto no que se refire ás tipoloxías de consumo cultural, como ao público obxectivo en función das idades e dos perfís socioculturais. O programa ofrece actuacións de un elevado número de grupos e artistas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como eventos de cultura urbana (graffitis, rap, breakdance…). Viana do Castelo, que asume a presidencia do Eixo Atlántico actualmente, toma o relevo de Lugo. cidade que foi Capital da Cultura do Eixo Atlântico no 2022
Inauguración da VIII edición
O evento inaugural desta VIII edición da Capital da Cultura do Eixo Atlântico celebrarase o 17 de febreiro de 2025, en Viana do Castelo, na véspera da Asemblea Xeral da entidade, que terá lugar na mesma cidade. A inauguración ofrecerá espectáculo multidisciplinar creado e dirixido polo talentoso artista portugués Daniel Pereira Cristo. “Mar Adentro” é unha proposta escénica, que mestura danza, voz e música contará coa participación especial de Xabier Díaz, recoñecido pola súa mestría na música, prometendo unha experiencia inesquecible para os presentes. O concerto conta coa dirección artística e musical de Hélder Costa.
Non obstante, a programación comeza en xaneiro e esténdese ata decembro de 2025 ofrecendo propostas culturais en todas disciplinas artísticas: mostras de teatro, cinema, concertos, festivais de arte urbana, exposicións, actividades infantís e certames gastronómicos.
Viana do Castelo, Capital da Cultura do Eixo Atlântico, arranca o ano 2025 con o “Concerto de Aninovo" o 1 de xaneiro. Ao longo deste mesmo mes organízanse durante diferentes días “Cantares dos Reis” para animar as rúas do centro histórico. Tamén se dará inicio ao Ciclo de Concertos Atlânticos, deseñado a partir do legado cultural común entre o Norte de Portugal e a Galicia e que se prolongará ao longo de diferentes meses do ano. Consulte aqui a programação da Capital da Cultura do Eixo Atlântico 2025.pdf.
A Capital da Cultura do Eixo Atlántico está apoiada pola Comisión Europea a través dos proxectos Fénix e TSI, cofinanciados por Interreg España-Portugal (POCTEP)2021-2027.