Skip to main content

Viana do Castelo arranca a Capital da Cultura 2025 do Eixo Atlántico

Viana do Castelo arranca a Capital da Cultura 2025 do Eixo Atlántico

O Centro Cultural de Viana do Castelo recibiu a cerimonia da abertura da VIII Capital da Cultura do Eixo Atlántico, momento que integrou un espectáculo multidisciplinar creado e dirixido polo músico Daniel Pereira Cristo e contou coa participación do arista Xabier Díaz e un centenar de artistas en escenario

"Mar Dentro" presentouse como unha proposta escénica, que mesturou danza, voz e música, e que contou coa participación especial do artista galego Xabier Díaz. O espectáculo reuniu a participación de diversos axentes culturais do concello vianense, elementos de grupos folclóricos que integran a AGFAM (Asociación de Grupos Folclóricos do Alto Miño), danzas contemporáneas (EVIC - Escola Vocacional de Interpretación e Creación), Cantadeiras do Vale do Neiva, Teatro do Noroeste - Centro Dramático de Viana, a artista Malva, Orquestra da Escola Profesional Artística do Alto Miño, Coro Viana Vocale e Coro de Pais da Academia de Música de Viana do Castelo (so a dirección do mestre galego Javier Viceiro). capital 8 2048x1366

O Alcalde de Viana do Castelo, que lidera tamén o Eixo Atlántico, Luís Nobre, considerou a asociación "unha gran plataforma eurorregional absolutamente única, diferenciadora, inspiradora e motivadora para a Europa e o proxecto europeo".

"A Cultura é emoción e a personificação da aproximación dos pobos de dúas rexións dunha forma tan particular e única", realçou o alcalde. "Ten sido a través do Eixo Atlántico e, dunha forma particular, a través da cultura, que temos construído este ben colectivo asente no que é a individualidade e a particularidade de cada cidadán da eurorregião", considerou aínda Luís Nobre.

"Están todos convocados para cumprirmos de forma exemplar esta Capital da Cultura, para que Viana do Castelo sexa vista como unha identidade única que insiste en coidar e preservar a súa cultura e autenticidade", con máis de 70 eventos culturais programados para este ano, rematou o Alcalde.

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico é un programa que a entidade ten vindo a realizar hai 16 anos, sendo a actividade, a par dos Xogos, con maior nivel de participación e satisfacción dos cidadáns. O evento promove a creación cultural, tanto de creadores e artistas da Galiza como do Norte de Portugal, así como a accesibilidade ao consumo cultural.

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico destaca o protagonismo dos creadores máis mozos e valoriza a importancia das industrias culturais e a creación de emprego e de actividades económicas a través da creación cultural do territorio do Eixo Atlántico. Promove o concepto de "democratização e democracia cultural", un proceso que procura tornar a cultura accesíbel tanto ao consumidor como ao produtor.

Consulte aquí a programación anual da VIII Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico é apoiada pola Comisión Europea a través dos proxectos Fénix e TSI, cofinanciados polo Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

2