Unha delegación do Eixo Atlántico, integrada polo Secretario Xeral, Xoán Vázquez Mao, o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, a vereadora da Câmara Municipal de Barcelos, Elisa Braga, e o Primeiro Secretario da Comunidade Intermunicipal de Terras de Trás-os-Montes, Rui Caseiro, visitan a rexión vinícola e fronteiriza de Tokaj no ámbito do proxecto EPICAH
Tokaj, rexión vinícola da fronteira de Hungría con Eslovaquia e Ucrania, é coñecida polos seus viños de gran fama desde a Idade Media. Nestes anos desenvolveron un programa moi ambicioso de turismo enólogo e transfronteirizo con numerosos hoteis bodegas, e, incluso, bodegas clasificadas Patrimonio da Humanidade.
Trátase dunha experiencia que o Eixo Atlántico quere impulsar nas zonas vinícolas máis prestixiosas das súas cidades e diputacións: Ribeira Sacra, Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras e Douro, Vinho Verde e Vinho Trás-os-Montes en Portugal.
Durante a visita, que dura dous días, manterán reunións con alcaldes e empresarios relacionados co enoturismo, directores de hoteis bodega e visitarán varias destas experiencias.