Skip to main content

Últimos días para inscribirse na Bienal de Pintura dol Eixo Atlántico

Últimos días para inscribirse na Bienal de Pintura dol Eixo Atlántico

Os e as artistas de Galicia e do Norte de Portugal poderán inscribirse através da web https://www.eixoatlantico.com/es/bienal-de-pintura/  o 5 de setembro. Haberá tres premios de 4.000€, 2.000€e 1.500€ e trinta obras seleccionadas serán expostas nunha mostra itinerante

 Os membros do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico aprobaronabrir o prazo para a inscrición de artistas na Bienal de Pintura. A inauguración da exposición itinerante será a finais de ano en Lugo, coincidindo co peche da programación da Capital da Cultura do EixoAtlántico. Segundo consta nas bases publicadas, poderán concorrer ao certame todos os artistasda Eurorrexión cunha única obra de pintura orixinale inédita que non fose exposta nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso. Toda a información necesaria para participar no certame atópase na web https://www.eixoatlantico.com/es/bienal-de-pintura/ Unha vez pechada a recepción das obras, o Xurado seleccionará as 30 propostas finalistas que configurarán o catálogo dixital do premio e constituirán a colección itinerante para as sucesivas exposicións que terán lugar nas cidades galegas e portuguesas pertencentes ao Eixo Atlántico. O fallo do xurado farase público o día da inauguración da exposición, cando tamén se fará entrega dos premios aos galardoados.

Premios

  • Premio Eixo Atlántico: 4000 euros
  • Segundo Premio: 2000 euros
  • Premio ”NovosTalentosLuso-Galaicos”para novos artistas (de entre 16 e 25 anos): 1500 euros

Consulte as bases do concurso.

Bienal  Virtual

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico comezou en 1997 co obxectivo de estimular a creación artística e posibilitar simultaneamente o intercambio cultural e o coñecemento de artistas. En 2021, para adaptarse ás circunstancias sanitarias provocadas pola pandemia, a exposición incorporou a novidade de poder ser visitada virtualmente. Visite a última edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico aquí.

Exposición Restrospectiva

Do 4 de xullo ao 31 de agosto pódese visitar a Exposición Retrospectiva da Bienal dePintura no MIHL de Lugo, actividade enmarcada no programa da Capital da Cultura doEixo Atlántico. Nesta ocasión, a cidade de Lugo alberga unha colección de obras premiadas no certame ao longo das últimas trece edicións. Actividades culturais e educativas en 2024. Na área da educación abordáronse os III Intercambios Escolares. O exitoso resultado da recente edición provocou que máis cidades do Eixo Atlántico estean interesadas en participar nesta experiencia. Encanto ao Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da educación, que está xa na súa 6ªedición celebrarase o 27de setembroen Mirandela.