Skip to main content

Tres cidades do Eixo Atlántico aspiran a ser Capital Europea da Cultura 2027

Tres cidades do Eixo Atlántico aspiran a ser Capital Europea da Cultura 2027

Hoxe, en rolda de prensa, anunciarase a lista coas candidaturas preseleccionadas

Braga, Viana do Castelo e Vila Real, integradas no Eixo Atlántico, forman parte da preselección de 12 cidades que aspiran a converterse na Capital Europea da Cultura 2027. Arrincou este martes a rolda de audiencias das 12 cidades portuguesas candidatas a organizar a Capital Europea da Cultura dentro de cinco anos e, a continuación, anunciarase unha lista curta da que sairá a cidade elixida, a finais de ano.

En Centro Cultural de Belém (CCB), as cidades candidatas sométense as audiencias de preselección ante o panel de 12 xurados (tres apuntados polo Parlamento Europeo, tres polo Consello Europeo, tres pola Comisión Europea, un polo Comité das Rexións e dúas polo Ministerio da Cultura portugués).

As propostas das cidades integradas no Eixo son:

Braga

A candidatura de Braga a Capital da Cultura ten 20 propostas que inclúen a transformación do antigo Cinema São Geraldo no Medía Arts Center ou a recalcificación do Edificio das Convertidas.

Viana do Castelo

“Viana, un mar de cultura”, é o slogan da candidatura de Viana de Castelo, que promete usar como argumentos para ser seleccionada as tradicións, o folclore, o ouro, os bordados, as artes e oficios, a arquitectura civil e relixiosa, os museos, a vivencia conectada ao mar e o patrimonio da rexión.

Vila Real

A rexión do Douro deu o seu apoio ao obxectivo de Vila Real que tamén concursa para converterse en Capital Europea da Cultura en 2027. É o centro xeodésico do Norte, está a 50 minutos dun aeroporto internacional (Porto) e a pouco máis de Braga, Guimarães, Viseu e de España

Esta é a cuarta vez que Portugal acolle unha Capital Europea da Cultura, tras Lisboa, en 1994, O Porto, en 2001, e Guimarães, en 2012.

A publicación do informe final e da designación da Capital Europea da Cultura portuguesa en 2027 están apuntados para decembro deste ano ou xaneiro de 2023.

A candidatura seleccionada recibirá un premio de 1,5 millóns de euros, ademais, o Ministerio da Cultura xa anunciou que apoiará con 25 millóns de euros a iniciativa gañadora.