Skip to main content

Roberto San Salvador, autor do Mapa de Cohesión Social: "Un 25% da poboación está nunha situación de exclusión. É aí onde hai que intervir pero modificando algunhas das actuacións"

Roberto San Salvador, autor do Mapa de Cohesión Social: "Un 25% da poboación está nunha situación de exclusión. É aí onde hai que intervir pero modificando algunhas das actuacións"

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, Roberto San Salvador, autor do "Mapa de Cohesión Social" e Emídio Sousa, alcalde de Santa Maria dá Feira, cidade na que se está experimentando as medidas propostas no estudo, participaron no programa de Onda Cero e Antena Minho sobre a igualdade de oportunidades, as brechas da vulnerabilidade, o emprego digno ou a brecha xeracional

O Eixo Atlántico presentará o próximo 3 de outubro, en Ourense, o seu informe "Mapa de Cohesión Social ", publicación dirigada por Roberto San Salvador, Catedrático da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas na Universidade de Deusto e director do equipo de Investigación Deusto Cities Lab Katedra.

O Mapa de Cohesión non é só unha fotografía de cada cidade que pertence ao Eixo Atlántico, senón que tamén pretende compartir información dos municipios entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaban a Axenda Urbana. O Mapa de Cohesión Social, o primeiro dun sistema urbano transfronteirizo, estuda a complexidade social, a igualdade de oportunidades, as brechas da vulnerabilidade; a dixitalización, a fenda dixital; a competitividade económica, o emprego digno e a brecha xeracional.

Roberto San Salvador afirmou que: "É un traballo que ten antecedendes no mundo anglosaxón pero é pioneiro, sobre todo, na súa aplicación territorial, xa que por primeira vez o destino do estudo non é un estado se non unha Eurroregión, un espazo transfronteirizo".

"No Mapa, fundamentalmente, o foco situouse nas brechas de vulnerabildiad pero tamén en tres brechas tansversales: a xeracional, de géero e a dixital. O estudo ten un dobre valor, por unha banda tenta sacar unha fotografía dunha realidade nun momento determinado pero, ademais, busca alternativas que poidan axudar ás persoans que teñen responsabilidades políticas e técnicas. O estudo propón 4 cuestións: organizar os servizos sociais xunto con outras áreas da administración municipal como é emprego, vivenda, saúde ou educación, para completar unha política social conxunta, incorporar posteriormentre outras áreas do concello relacionadas co desenvolvemento económico, mediomabiental e cultural xa que elas tamén son corresponsables da cohesión social e, posteriormente, ir configurando un ecosistema de innovación transformadora cohesiva no ámbito local, incorporando o tecido económico e social e finalmente, á propia ciudadania anónima. Este proceso estamos a experimentalo en Ribeira e en Santa Maria dá Feira e é como podemos ver se as propostas do estudo son aplicables ou non.

Roberto San Salvador engadiu: "Hai que pensar que un 25% da poboación está nunha situación de exclusión ou que podería deslizarse até estas situacións. Isto quere dicir que é aí onde hai que intervir pero modificando algunhas das actuacións. Por exemplo: no informe obsérvase que se produce unha converxencia de razóns para a vulnerabilidade en persoas moi concretas. O primeiro fito no que traballamos é ver como pasar de servizos e politicas sociais a políticas personalizadas. Os técnicos dos concellos poden ir facendo un uso máis razoable do tempo e dos recursos se dialogan entre eles para identificar a estas persoas nas que se conflúe un maior risco de exclusión".

"O segundo paso, que aínda non se iniciou pero é obxecto de traballo este outono, é como incorporar a eses técnicos doutras áreas que senten alleos á polítivca social e que, con todo, teñen un papel decisivo porque xeran riqueza, reogranizan o territorio etc. e son axentes a sumar neste ecosistema".
Xoán Vázquez Mao, asegurou que: "O que pretendemos é que o mapa sexa unha folla de ruta e o inicio dun proceso conxunto coa sociedade para atender a eses aspectos que son os máis importantes e que nunca ven. Nos procesos de desenvolvemento económico sempre hai persoas que quedan fóra, que son vulnerables".

" Non esquezamos que, no caso galego, as competencias son autonómicas e que lle ano que vén hai eleccións. Non podemos dicir que a Xunta lle preste actualmente unha atención especial a estes temas. Se é certo que houbo nun momento un conselleiro, que agora é alcalde de Ferrol, que si prestou atención e convidou a moito colectivos pero vemos que o equipo actual, todo o que fai, é privatizar as residencias de maiores. Estas propostas do informe, nós enviarémolas a todos os partidos porque a nosa idea é que as recollan e váianas integrando nas súas políticas de goberno, goberne quen goberne. Que estas propostas sexan unha realidade e non só propaganda electoral", engadiu o secretario xeral do Eixo Atlántico.

Santa Maria dá Feira é a cidade que, xunto con Ribeira, está a traballar coa Universidade de Deusto para realizar o laboratorio de innovación. O seu alcalde, Emídio Sousa, explicou que: "A vivenda é, claramente, un dos grandes desafíos que temos como comunidade. Os prezos están moi elevados e, doutra banda, os salarios, na nosa rexión, non están articulados para que as persoas póidanse independizar. Isto é un novo desafío. Unha política pública que rapidamente temos que avanzar, e que é transversal ao litoral e ao interior, é unha política de vivenda. Temos que aumentar a oferta de vivenda pública blica para mitigar este fallo de mercado".

"Temos este diagnóstico elaborado, percibimos que foron identificados os puntos nos que é necesario intervir e penso que a maioría dos municipios, e até das propias rexións, ante este diagnóstico poden perfectamente dirixir as súas políticas públicas para dar resposta. Vou dar un exemplo que estamos concretizando no meu municipio, a saúde, que é crítica en termos de calidade de vida e de custos sociais, custos financeiros , mesmo. Temos que traballar a saúde dunha maneira diferente e estamos ao facer aquí, por exemplo, co persoal médico. Tratamos a saúde antes de estar enfermos, é dicir, tentar traballar coas persoas o exercicio físico, unha alimentación saudable, unha monitorización dos indicadores de saúde...Para ter calidade de vida e autonomía até máis tarde", engadiu o alcalde.

Escoite o programa completo aquí:

Esta actividad se desarrolla en el marco del proyecto Fénix, cofinanciada por el programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.