Skip to main content

Ricardo Rio: "Traballaremos ao máximo para que a Eurorrexión recupere canto antes a normalidade"

Ricardo Rio: "Traballaremos ao máximo para que a Eurorrexión recupere canto antes a normalidade"

El presidente del Eixo Atlántico calificó de "día histórico" la apertura de las fronteras

 Case catro meses coa fronteira pechada; eurocidades partidas á metade e unha Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal sen poder relacionarse. Nada máis pecharse a fronteira, unha das voces máis autorizadas do Norte de Portugal, Ricardo Rio, lanzaba en Radio Vigo unha mensaxe a todos os habitantes da Eurorrexión: comprensión e paciencia para volver tras a pandemia máis unidos e con máis compromiso. E así é. O presidente do Eixo Atlántico e presidente da Cámara Municipal de Braga, xa está ao choio porque haberá que dar a batalla dos fondos europeos de recuperación en Bruxelas; porque haberá que chamar ás portas de Lisboa e Madrid para que atendan tamén eses proxectos estratéxicos para máis de seis millóns de habitantes de Galicia-Norte de Portugal.

Ricardo Rio cualifica de histórico este 1 de xullo de regreso á normalidade. Ese día a día que tanto botaban en falta miles e miles de habitantes aos dous lados do Minho para facer unha escapada. Desde o Eixo Atlántico xa solicitaron varias reunións co Goberno de António Costa e co Goberno de Pedro Sánchez para tocar temas tan relevantes como a cooperación transfronteiriza, axenda  urbana, infraestruturas ou turismo. A reconstrución tamén ten que interpretarse en clave de eurorrexión. Son leccións que nos deixa a pandemia. Non hai tempo que perder como dicía en Hoy por Hoy Vigo Ricardo Rio.

 

 Audio Ricardo Rio en Radio Vigo