Skip to main content

Ricardo Rio: "Pido aos habitantes de Galicia e Norte de Portugal comprensión e paciencia"

Ricardo Rio: "Pido aos habitantes de Galicia e Norte de Portugal comprensión e paciencia"

O presidente do Eixo Atlántico mandou unha mensaxe de ánimo e esperanza aos habitantes da Eurorrexión

Ricardo Rio tivo que tomar decisións duras na súa Braga natal. Alí celébrase a Semana Santa máis importante de Portugal ou unha das celebracións históricas máis importantes como a Braga Romana. Pero tamén medidas tan duras, como necesarias, no día a día. Desde o seu cargo de presidente do Eixo Atlántico, neste día de peche de fronteiras entre Galicia e Portugal quixo trasladar unha mensaxe de esperanza, de ánimo, de comprensión aos millóns de habitantes desta Eurorrexión. Agora hai que centrar os esforzos en derrotar ao coronavirus e despois recuperar a normalidade. Ricardo Río deixa claro que os políticos do Eixo Atlántico, unha vez que pase esta pandemia, volverán loitar con todas as súas forzas para seguir estreitando lazos entre as dúas beiras do Miño. O presidente da Cámara Municipal de Braga e presidente do Eixo Atlántico pasou polo tempo de “Hoy por Hoy Vigo”, en Radio Vigo.

 

Entrevista a Ricardo Rio en Hoy Por hoy Vigo (17/03/20)