Ricardo Río é o representante de Portugal nesta instancia que persegue asegurar unha transición climática xusta e inclusiva
Ricardo Río, alcalde de Braga, asume a responsabilidade de ser un dos Embaixadores do “Covenant of Mayors” para o Clima e Enerxía. Este pacto, creado en 2008 e apoiado polo Comité das Rexións Europeas, reúne a máis de 10 mil autoridades locais de 61 países empeñadas en alcanzar, e mesmo superar, as metas definidas pola Unión Europea en termos de clima e enerxía.
O “Covenant of Mayors” apoia os esforzos dos seus dignatarios para unha transición xusta, inclusiva e que respecte a todos os cidadáns e os recursos do planeta. Á vez, pon de manifesto o papel crucial dos órganos de poder local e rexional no apoio para concretar as metas definidas pola Unión Europea no que concerne ás alteracións climáticas e transición ás enerxías limpas.
“Nestas temáticas, as Cidades deben liderar polo exemplo, pero sobre todo polos resultados. Para alcanzar os compromisos que adoptamos no Pacto dos Alcaldes e se ambicionamos alcanzar a neutralidade carbónica nas Cidades, debemos dotarnos de instrumentos de xestión e indicadores que nos permitan percibir o desempeño das nosas políticas e compartir esas boas prácticas”, afirmou Ricardo Río.
Nesta función de Embaixador, Rio ten como misión apoiar e reforzar esta iniciativa en Portugal, cun goberno multinivel que coordina a cooperación coa Comisión Europea, o Gabinete do Pacto de Alcaldes, O Comité das Rexións e os gobernos nacionais, locais e rexionais.
A iniciativa está aliñada coa ambición de Europa en converterse o primeiro continente neutro en carbono, até 2050.