Skip to main content

Reunión do SE de Deportes do Eixo para traballar no relanzamento das actividades

Reunión do SE de Deportes do Eixo para traballar no relanzamento das actividades

O Secretariado Executivo de Deportes do Eixo Atlántico reuniuse hoxe para retomar todos os traballos das actividades deportivas do Eixo Atlántico

O Secretariado traballou na revisión do regulamento dos Xogos do Eixo Atlántico, cuxa 14ª edición se realizará na cidade de Maia en 2022. Maia presentou o informe da organización ós asistentes, compartindo cos seus colegas o que a cidade poñerá á disposición dos Xogos.

Detalláronse algúns pormenores sobre o Gran Premio de Atletismo do Eixo Atlántico, que consistirá nunha carreira de 10 km. Esta iniciativa, promovida polo Concello de Maia e polo Eixo Atlántico, que precede á realización da XIV edición dos Xogos, está reservada para o 29 de agosto deste ano e será o momento escollido para que Braga, que acolleu os Xogos en 2019, pase o testemuño a Maia, que recibirá a bandeira dos Xogos.

Tamén se trataron os torneos deportivos do Eixo Atlántico, xa que todo apunta a que se poderán realizar no último cuadrimestre deste ano a terceira edición do Torneo de Taekwondo en Vila Nova de Gaia e a novena edición do Torneo de Hóckey en Patíns na Coruña. Tamén se prevé a posibilidade de retomar o torneo de fútbol infantil no Carballiño, así como a apertura doutra modalidade de torneo para o 2022. 

En canto ó Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do Deporte, este grupo de traballo reflexionará sobre as temáticas que se tratarán nesta sesión reservada para 2022.

Todos estes traballos debateranse para a súa aprobación na reunión do Grupo Temático de Deportes, que terá lugar no mes de xuño.