Skip to main content

Reunión do Secretariado de Educación do Eixo Atlántico

Reunión do Secretariado de Educación do Eixo Atlántico
As cidades que forman parte do Secretariado de Educación, celebraron unha reunión na que participaron representantes das cidades de Mirandela, Vilagarcía de Arousa, Vila Real, Ferrol, Vila Nova de Famalicão e Santa María da Feira
 
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016.- Santiago acolleu a reunión do Secretariado Executivo de Educación no que participaron os representantes das cidades Mirandela, Vilagarcía de Arousa, Vila Real, Ferrol, Vila Nova de Famalicão e Santa Maria da Feira.
 
Entre outros tratáronse os seguintes temas:
• Análise das candidaturas para acoller a VI edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, que ten carácter bianual e que se celebrará arredor do mes de maio do ano 2018. A candidatura presentada pola cidade portuguesa de Vila Rel foi analizada polos representantes das cidades presentes valorando positivamente a capacidade organizativa, os espacios postos a disposición do evento, a proposta de actividades previa e posterior aos días de celebración así como a solvencia demostrada por este concello en busca da educación musical dos seus cidadáns. Neste sentido, o Secretariado Executivo acordou elevar esta candidatura ao Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico que se reunirá no mes de novembro na cidade de Riveira (Galicia).
 
• Revisión do Regulamento da VI Mostra Musical do Eixo Atlántico, procedendo a debatir diferentes temas que teñen que ver con aspectos organizativos que melloren e reforcen o Regulamento  deste importante evento musical no que participan diferentes intérpretes individuais e agrupacións musicais das cidades membros do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
 
• Análise das candidaturas para acoller o II Seminario de Intercambio de Experiencias Educativas. Neste apartado avaliáronse as candidaturas presentadas polas cidades de Bragança, Riveira, Maia, Chaves-Verin y Régua-Vila Real. Este Seminario creóuse no ano 2015 para compartir experiencias de boas prácticas en materia educativa das cidades membro. O I Seminario de Intercambio de Experiencias en Materia de Educación celebróuse no Auditorio da Biblioteca Municipal de Vila Real, onde se presentaron experiencias sobre: Educación Inclusiva; Alimentación e Nutrición (comedores escolares) e Experiencias Educativas transversales.
 
Hoxe acordóuse elevar para a sua aprobación polo Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico, que terá lugar en Riveira na primeira quincena do mes de novembro, a celebración de un novo encontro na cidade que se elixa entre as presentadas. Así mesmo se acordou abrir un prazo ata o 30 de outubro para que todas as cidades poidan seguir aportando propostas referidas aos contidos temáticos que poidan constituir o programa do Seminario.
 
• Intercambios Escolares entre as cidades que Integran o Eixo Atlántico. Así mesmo foi obxeto de interés a proposta de celebración de intercambios de escolares das diferentes cidades do Eixo Atlántico para que alumnado do 3º ciclo de educación primaria, con edades comprendidas entre os 10 e os 12 anos,  aprenda a coñecer e valorar non só a sua propia cidade se non o resto das cidades que constitúen o Eixo Atlántico.
 
Esta proposta será elevada en primeira instancia para a toma en consideración polos órganos directivos do Eixo Atlántico e debatida polos responsables políticos das cidades membro para que poida constituir unha nova proposta educativa do Eixo. Como primeiro paso a cidade de Santiago remitirá unha proposta de Bases que poida iniciar o procedimento para a sua aprobación. Os representantes das cidades coincidiron en destacar a importancia que propostas como ésta teñen para reforzar e difundir a cultura que historicamente compartimos Galicia e o Norte de Portugal.  
 
Ao remate da xornada, os representantes das cidades participantes foron recibidos no salón vermello do Pazo de Raxoi polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e representantes dos grupos políticos da corporación municipal. O alcalde compostelán agradeceu a elección de Compostela para a celebración da sesión de traballo, convidando a que se estreiten as relacións entre os concellos membro do Eixo Atlántico, convencido de que a cidadanía fará máis forte e máis real o espacio común europeo e o coñecemento da lingua e da cultura que nos unen.