Skip to main content

Reabertura da VI edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

Reabertura da VI edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

O Altice Forum Braga acolleu onte a cerimonia de reabertura da VI edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico con un emocionante concerto e unha sorpresa

A cerimonia de reapertura da VI edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico celebrouse onte no Altice Forum Braga, nun evento que contou coa presenza de numerosos representantes do municipios e entidades membro do Eixo Atlántico así como do Presidente da CCDR-n ou do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destacou na súa intervención a importancia de “apoiar os nosos creadores culturais que tamén moven a economía” así como a necesidade de apostar pola normalidade a través do consumo de cultura. O Alcalde de Braga e Presidente do Eixo Atlántico Ricardo Rio, pola súa banda, insistiu en que a Capital da Cultura debe ser un “espazo de encontro de identidades de toda esta comunidade da Eurorrexión, dos seus artistas, de todos os públicos, no fondo, de todos nós”. O legado desta Capital, que servirá de xerme para a Capital Europea da Cultura que Braga espera acoller en 2027, será tamén o legado da Concelleira de Cultura, Lidia Dias, a quen o Presidente quixo agradecer o seu traballo durante este anos.

Segundo o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia Román Rodríguez, as fronteiras políticas non son impedimento á unión entre galegos e portugueses. A cultura debe continuar a ser vínculo capaz de unirnos aínda máis e que nos permita ter estratexias comúns e ser capaces de mirar cara o futuro xuntos.

Tras un ano agardando despois do adiamento da edición en 2020 por mor da pandemia, o evento de reinauguración estivo acompañado polo concerto de Canto D’Aqui, de música tradicional portuguesa, cunha apertura previa do grupo bracarense Bomboémia. Aínda que por motivos de seguridade o evento presencial só contou con asistentes mediante convite, estivo aberto de forma universal para o seu seguimento por streaming, onde tivo unha grande acollida.

Canto D’Aqui interpretou cinco temas, dos cales dous foron en colaboración co grupo de música folk galega Óscar Ibáñez&Tribo, quen despois seguiría o concerto con doce temas galegos e portugueses. Máis dunha hora de música á que se sumou por sorpresa nas últimas pezas o músico portugués, Daniel Pereira Cristo que tiña participado na primeira inauguración en febreiro de 2020. Os espectadores puideron desfrutar dun magnífico exercicio de unión cultural cunha apoteose final con ambos grupos no escenario.

A VI edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico continúa cun conxunto de iniciativas que contan coa colaboración de axentes culturais dos municipios do Norte de Portugal e de Galicia así como da Xunta de Galicia e que se poden consultar no seguinte enlace: http://cceabraga.com/