O programa de actualidade da eurorrexión repasou as carencias e potencialidades das cidades de Galicia e do Norte de Portugal para conseguir atraer investimentos ás cidades
O programa de actualidade da eurorrexión en Radio Vigo e Televigo abordou as necesidades das cidades en materia de captación de investimentos
O alcalde de Viana José Maria Costa e o economista Fernando González Laxe, reflexionaron sobre as necesidades das cidades da eurorrexión na captación de investimentos para o seu desenvolvemento. Costa e Laxe analizaron as diferenzas entre as cidades de Portugal e de Galicia á hora de poder xestionar a captación de investimentos , directamente , en Portugal ,e a través da Xunta, no caso galego.