Skip to main content

Radio Vigo analiza o Informe do Eixo Atlántico sobre política exterior de Galicia co seu coordinador, Méndez Romeu

Radio Vigo analiza o Informe do Eixo Atlántico sobre política exterior de Galicia co seu coordinador, Méndez Romeu

Defende que “a acción exterior  ten que ser unha política de Estado que non dependa da continxencia electoral”

“A acción exterior ten que configurar unha política de Estado que non dependa da continxencia electoral, porque os gobernos pasan pero os intereses permanecen”. José Luís Méndez Romeu, coordinador do Informe sobre a Política de Acción Exterior para Galicia, publicado polo Eixo Atlántico, alertou de que a política exterior galega atópase no seu “punto máis baixo” e o traballo que se presenta é un informe moi construtivo co obxectivo de mellorar esta situación.

Méndez Romeu participou xunto co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, no programa mensual sobre a actualidade eurorrexional que se emite simultaneamente no programa de máxima audiencia “Hoy por hoy”, de Radio Vigo e Televigo, presentado por Jacobo Buceta. Ademais, tamén Antenha Minho, do Grupo Correio do Minho, realiza unha redifusión para a área de Braga e a través da súa canle de Youtube.

Durante o programa, o secretario xeral do Eixo defendeu a importancia de que o Goberno galego acorde coas outras forzas políticas e axentes sociais a planificación da política exterior