Organizado polo Eixo Atlántico e a Deputación de Lugo, está dirixido a interventores municipais
Como actuar ante o peche dos proxectos europeos do período 2007-2013 e as novidades no novo período de programación de fondos comunitarios son as dúas grandes áreas que se abordarán no Complexo Aguasmestas de Quiroga, Lugo, o próximo 21 de maio.
Nesta formación organizada polo Eixo Atlántico e a Deputación de Lugo, os interventores dos concellos que integran o Eixo Atlántico están convidados a participar nesta xornada onde coñecerán os aspectos a considerar antes do peche definitivo dun proxecto europeo ou os controis posteriores que se poden esperar. Tamén coñecerán as novedades do novo período de programación de fondos 2014-2020. A xornada estará impartida por Pere Lluís Fos, experto en auditorias de fondos europeos.
Descargue o programa