Skip to main content

Próxima comisión executiva do Eixo Atlántico

Próxima comisión executiva do Eixo Atlántico

Nesta reunión vaise a dar o pistoletazo de saída ao traballo das Comisións Políticas

O próximo día 21 o Eixo Atlántico terá unha reunión da súa Comisión Executiva coincidindo coa inauguración das súas novas oficinas na localidade portuguesa de Maia, cidade da área metropolitana de Porto na que se sitúa o aeroporto de Sá Carneiro.

Nesta reunión vaise a dar o pistoletazo de saída ao traballo das Comisións Políticas, que deberán adaptar as grandes liñas de desenvolvemento das cidades á situación post pandemia, en áreas tan relevantes para o futuro como a economía, a política social, a innovación e dixitalización ou a sustentabilidade. Con iso continuará a preparación do Eixo Atlántico e as súas cidades para as novas estratexias e programas de política urbana que a Comisión Europea está a preparar para impulsar a partir do ano 2022.