Os expertos que a elaboran reuníronse cos alcaldes do grupo de seguimento
A Axenda do Eixo Atlántico continúa a gran ritmo. O pasado día 19 de outubro reuníronse en Vigo os expertos que están a traballar nela cos alcaldes que forman o grupo de seguimento. Na reunión os expertos expuxeron o primeiro borrador de contidos e áreas temáticas aos alcaldes co fin de adecualos ás necesidades reais dos concellos. O enfoque proposto foi aprobado por unanimidade.
Os alcaldes incidiron na necesidade de reforzar tres ámbitos que consideran prioritarios:
- Roles que deben desenvolver os concellos
- Modelos de financiamento
- O problema demográfico
O seguinte paso, o próximo 17 de novembro, en Vilagarcía de Arousa, onde os expertos reuniranse con representantes dos 38 municipios e Deputacións que forman o Eixo Atlántico para someter á súa opinión os contidos e áreas temáticas e solicitar as súas opinións e suxestións.
Tras esta reunión iniciarase a fase de elaboración do primeiro documento que será sometido á súa aprobación pola Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, o próximo mes de febreiro.
Un dos aspectos que máis importancia se lle dá á Axenda Urbana é que será a primeira que realice en Europa, de forma conxunta, nunha entidade como sistema urbano transfronteirizo. Tamén se incide na participación continua dos responsables políticos para garantir que o traballo dos expertos se adecúe á realidade de concellos e deputacións.