Preto de 1800 mozos de Galicia e do Norte de Portugal compartirán competicións deportivas, actividades e convivencias en Braga do 7 ao 12 de xuño
Braga convértese durante unha semana na capital do deporte na eurorrexión Galicia Norte de Portugal cos XIII Xogos do Eixo Atlantico.
A idade máxima dos atletas participantes é de 16 anos, excepto nas modalidades de Atletismo adaptado e Natación adaptada, nas que as idades poden ser superiores.
Participación
Cunha participación de miles de atletas, os Xogos do Eixo Atlántico promoven, desde 1995, o deporte e a convivencia entre os mozos de Galicia e do Norte de Portugal. Nesta edición, os atletas participantes ascenden a preto de 1800 no total, aproximadamente 700 femininos e 1100 masculinos. Nas modalidades adaptadas, rexístranse preto de 130 participantes. Este número total proveñen de 26 cidades e entidades membro do Eixo Atlántico:
Barcelos
Braga
Bragança
Carballo
Deputación de Lugo
Eurocidade Chaves-Verín
Guimarães
Lugo
Maia
Matosinhos
Monforte de Lemos
O Barco de Valdeorras
O Carballiño
Ourense
Peso dá Régua
Porto
Santa Maria da Feira
Santiago de Compostela
Sarria
Valongo
Viana do Castelo
Vigo
Vila Nova de Famalicão
Vila Nova de Gaia
Vila Real
Vilagarcía de Arousa
Actividades de lecer
A organización previu unha serie de actividades e lecer para os momentos en que os atletas non estarán en horario de competición. Para iso, o municipio de Braga ofrece:
Acceso á piscina da Rodoviaria e a piscina São João da Ponte.
Despois da cea prevese tamén un DJ no Foro
Pola súa banda a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo, ofrece unha variada programación cultural que inclúen cinema, exposicións de fotografía e concertos, dirixidos especialmente aos participantes.
Consulta PROGRAMA DE COMPETICIONS
