Skip to main content

Preto de 200 persoas participaron no IV Torneo de Taekwondo do Eixo Atlántico

Preto de 200 persoas participaron no IV Torneo de Taekwondo do Eixo Atlántico

8 Municipios e entidades do Eixo Atlántico participaron no torneo realizado sábado, día 7 de decembro, en Vila Nova de Gaia

A IV edición do Torneo de Taekwondo realizouse no Centro de Alto Rendemento de Vila Nova de Gaia, o pasado día 7 de decembro. Esta edición contou coa participación de 8 municipios e entidades do Eixo Atlántico, nomeadamente: Amarante, Braga, Maia, Porto, Santa Maria da Feira, Valongo, Vila Nova de Gaia e Deputación de Ourense. dsc02614 8 1

O torneo de Taekwondo xurdiu en 2017 co obxectivo de se tornar nun encontro de referencia dos clubs e asociacións, da Eurorregião Galiza-Norte de Portugal, que practiquen esta modalidade, promovendo a visibilidade da mesma. A competición é destinada aos municipios e entidades do Eixo Atlántico que participan a través dos seus clubs.

Nesta edición, por primeira vez, foi realizada unha acción de demostración de Taekwondo Adaptado, onde alén de promover a modalidade xunto da cidadanía, os participantes dos torneo puideren entender como é posíbel aplicala, na súa vertente adaptada.

No que respecta aos premios por equipos, a vencedora foi do Municipio de Santa Maria da Feira, seguíndose o equipo de Vila Nova de Gaia na segunda posición e do equipo de Valongo, que alcanzou o terceiro lugar.