“Informe sobre la línea ferroviaria A Coruña-Lugo y la red de vía métrica en Galicia (FEVE)” se llama el documento presentado en la Deputación de Lugo, encargo del Eixo Atlántico al profesor de la UDC y ex-director xeral de Mobilidade, Miguel Domingo Rodríguez Bugarín uno de los mayores expertos del país en materia de transporte
Os alcaldes de Lugo e Monforte de Lemos, actual presidente da Deputación de Lugo e o alcalde de O Barco de Valdeorras, presidente do Eixo Atlántico, presidiron a presentación d “Informe sobre la línea ferroviaria A Coruña-Lugo y la red de vía métrica en Galicia (FEVE)”, encargado polo Eixo Atlántico a Miguel Bugarín, quen estivo presente no acto xunto ao secretario xeral da entidade transfronteiriza, Xoán Vázquez Mao. “Informe sobre a liña ferroviaria A Coruña-Lugo e a rede de vía métrica en Galicia (FEVE)” chámase o documento presentado na Deputación de Lugo, encargo do Eixo Atlántico ao profesor da UDC e ex-director xeral de Mobilidade, Miguel Domingo Rodríguez Bugarín uno dos maiores expertos do país en materia de transporte.
Como lembrou o presidente da Deputación, José Tomé (PSdeG), a realización de "obras selectivas" sobre todo nos tramos onde o FEVE reduce a súa velocidade permitiría darlle un salto cualitativo na súa competitividade. Ademais, facultaría eliminar "pasos a nivel incrementando a seguridade".
"Levamos 25 anos nos que se utiliza a AVE como coartada para non facer outros investimentos", denunciou Xoán Mao. "Coidado co engano da AVE, ademais dun tren de alta velocidade tamén é un mecanismo para contarnos un conto e desviar a atención", insistiu. O secretario xeral do Eixo Atlántico ha exemplarizado o que custaría mellorar outra liña esquecida por Fomento. "Modernizar a liña Coruña-Lugo para darlle vida a todo o interior de Galicia é a cuarta parte do que nos obrigaron a pagar, sen consultarnos, para rescatar as caixas para despois darllas a un tipo privado", declarou Mao, en referencia á nacionalización de Novacaixagalicia e posterior venda a Banesco (ABANCA).
O mandatario argumentou que esa liña xera moita máis actividade económica que o rescate dun banco. Engadiu "ter claro" que a AVE chegaría Lugo. Iso si, animou aos empresarios de toda Galicia a unirse e abandonar localismos estériles sobre o deseño das rutas.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, reclamou máis investimento ferroviario na provincia. "Lugo debe de ter os mesmos servizos ferroviarios que o resto de Galicia", declarou o tamén alcalde do nó ferroviario de Monforte.
O socialista demandou que os veciños de Lugo teñan "as mesmas posibilidades de chegar a Madrid no mesmo tempo que desde A Coruña ou desde Vigo".
Sobre o corredor de mercadorías europeo, Tome demandou que "a provincia ten que ser a vía principal de entrada e saída de mercadorías facía Galicia por ferrocarril, formando parte do Corredor Atlántico de Mercadorías a través de Monforte, O Barco de Valdeorras, León e até Palencia" .
Descargue a publicación: en PDF; en formato EPUB; en formato MOBI