O programa completo pode consultarse en: Programa Capital da Cultura 2025 – Viana do Castelo
O mes de outubro trae unha intensa programación cultural dentro da Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2025, que Viana do Castelo acolle ao longo de todo o ano. A cidade converterase nun espazo vivo de encontro, creación e participación, coa cultura como protagonista e ponte entre Galicia e o Norte de Portugal.
A programación de outubro da Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2025 en Viana do Castelo inclúe unha ampla variedade de propostas que animarán a cidade durante todo o mes. O sábado 4 terá lugar unha nova edición do Ciclo de Concertos Atlánticos (#08), mentres que os días 5 e 6 abriranse as portas dos principais espazos patrimoniais e arquitectónicos da cidade coa iniciativa Open House Viana. O sábado 18 a música será protagonista con Sons do Caminho (#05) e, no mesmo día, celebrarase tamén o Feirão na Praça – Vindimas, unha festa popular en torno á tradición vitivinícola. Finalmente, o sábado 25, Viana acollerá o Encontro de Culturas, que reunirá expresións artísticas diversas e permitirá celebrar a riqueza e diversidade do mundo atlántico.
Cultura compartida
Esta programación procura reforzar os lazos culturais transfronteirizos, descentralizar a oferta artística e promover a participación cidadá. Outubro será así un mes no que a música, o teatro, a danza, a fotografía e o cinema se poñen ao servizo da comunidade e da identidade atlántica.