Skip to main content

Os XV Xogos do Eixo Atlántico inaugúranse o 30 de xuño en V.N. de Famalicão

Os XV Xogos do Eixo Atlántico inaugúranse o 30 de xuño en V.N. de Famalicão

Centos de mozos e mozas de Galicia e o Norte de Portugal, competirán durante unha semana en V.N de Famalicão e Braga

A XV edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebrarase nas cidades de Vila Nova de Famalicão e Braga, do 30 de xuño ao 5 de xullo.

As modalidades deportivas nas que se competirán son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino. Nesta ocasión as competicións desenvolveranse paralelamente en Vila Nova de Famalicão e Braga, as dúas cidades organizadoras dos XV Xogos do Eixo Atlántico.

Deporte adaptado

Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixo Atlántico, esta edición tamén integra modalidades de deporte adaptado, coa participación de case 200 persoas, en liña coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación deportiva de toda a cidadanía.

Nos próximos días haberá unha rolda de prensa  na que se coñecerán máis detalles do evento.