A competición transcorre entre os días 7 e 12 Xullo
Braga recibe, entre os días 7 e 12 de Xullo, a XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico, sucedendo a Lugo, Monforte de Lemos e Sarria, que foron sede na última edición. Esta é a primeira vez que a cidade acolle esta competición.
Nesta edición participarán 1800 mozos, de 14 municipios do norte de Portugal e 12 da rexión de Galicia, inscritos nas seguintes modalidades deportivas: Balonmán, Baloncesto, Fútbol 7, Voleibol, Atletismo, Atletismo Adaptado. Natación, Natación Adaptada e Tenis. A idade máxima dos atletas participantes é de 16 anos.
Ricardo Río, presidente de Braga, sinalou que esta competición é unha ferramenta que permite estreitar os lazos entre as comunidades da eurorrexión “A poboación máis nova é crucial para o futuro. Esta iniciativa, pola mobilización e capacidade de pór en contacto miles de mozos da eurorrexión, permite a creación de raíces que serán útiles para o futuro do territorio”.
Os Xogos do Eixo Atlántico, integra varias modalidades de deporte adaptado, coa participación de máis de 70 atletas, en consonancia coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación de todos os mozos
Desde 1995 os Xogos do Eixo Atlántico promocionan o deporte, a convivencia entre os mozos e, tamén o dotar aos mozos dun mellor coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións. Realízanse de dous en dous anos e constitúen un evento deportivo transfronteirizo único en Europa.
As competicións terán lugar nos seguintes locais: fútbol no Parque Deportivo da Estrada e Campo das Camelias; baloncesto masculino no Pavillón André Soares e no Pavillón Municipal de Lamaçães; baloncesto feminino no Pavillón de Ferreiros e Pavillón Francisco Sanches; Balonmán no Pavillón Flávio Sá Leite; Voleibol no Pavillón de Maximinos; Natación e Natación Adaptada nas Piscinas da Rodoviaria; Atletismo e Atletismo Adaptado no Estadio 1º de Maio e Tenis no Club de Tenis de Braga.
Desde a súa orixe esta competición é unha das principais bandeiras do Eixo Atlántico e un factor de gran mobilización de mozos deportistas.