Skip to main content

Os Xogos do Eixo Atlántico inauguraranse o 8 de xullo, en Braga

Os Xogos do Eixo Atlántico inauguraranse o 8 de xullo, en Braga

Celebraranse na cidade portuguesa entre os días 7 e 12 de xullo, próximos

A XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebraranse no mes de xullo na cidade portuguesa de Braga sucedendo a Lugo, Monforte de Lemos e Sarria, que foron sede na última edición celebrada do 4 ao 9 de xullo de 2017.
Esta nova edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran en formato bienal, serán inaugurados o próximo día 8 de xullo na Praza Municipal de Braga, a partir das 16:30 h (hora local). O acto contará co desfile das delegacións das 26 cidades que participan este ano, en 25 delegacions, e que reunirá a máis de 1.800 participantes, cantidade próxima ao récord de participación, inscritos nas modalidades deportivas de Balonmán, Baloncesto, Fútbol 7, Voleibol, Atletismo, Atletismo Adaptado. Natación, Natación Adaptada e Tenis.
Deporte adaptado
Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixo Atlántico, esta edición tamén integra varias modalidades de deporte adaptado, coa participación de máis de 70 persoas, en liña coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación de todos os mozos.
Ricardo Río, alcalde de Braga, reiterou o forte compromiso da cidade coa organización desta competición, que “asúmese como unha oportunidade de aproximar os pobos, mostrar o talento da mocidade e a dinámica deportiva e asociativa dos municipios”.
Desde a súa orixe, en 1995, esta competición é unha das principais bandeiras do Eixo Atlántico e un factor de gran mobilización de mozos deportistas. Os Xogos están dirixidos á promoción do deporte, á convivencia entre os mozos e, tamén ao mellor coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións. Realízanse de dous en dous anos e constitúen un evento deportivo transfronteirizo único en Europa.
Cidades
As cidades que participarán en Braga son por GALICIA (10 cidades):

O Barco de Valdeorras
Monforte de Lemos
Santiago de Compostela
Lugo
Carballo
Sarria
Ourense
Vilagarcía
Vigo
O Carballiño

Por PORTUGAL (14 cidades)
Porto
Guimarães
Valongo
Matosinhos
Viana do Castelo
Vila Real
Famalicão
Santa Maria da Feira
Vila Nova de Gaia
Maia
Braga
Barcelos
Bragança
Peso da Régua

As que se suma a Eurocidade Chaves-Verín (2 cidades)