Skip to main content

Os concellos do Eixo medirán os seus índices de calidade ambiental para reforzar a sustentabilidade

Os concellos do Eixo medirán os seus índices de calidade ambiental para reforzar a sustentabilidade

O pasado 3 de decembro, reuniuse o Grupo Temático de Sustentabilidade, na cidade de Vilagarcía de Arousa, nun formato mixto, no que parte dos 38 participantes asistiron de forma presencial na sala de plenos do Concello e outra parte, na súa maioría de municipios portugueses, participaron vía telemática.

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, abriu a sesión dando a benvida ós participantes, agradecendo a oportunidade de acoller a reunión, referindo que a unión promovida polo Eixo Atlántico é máis importante que nunca, no que todos vemos as nosas vidas afectadas pola pandemia, subliñando que o Eixo ten a visión necesaria para levar os temas un paso máis adiante, algo que se revela fundamental para levar a cabo os obxectivos da axenda 2030.

O Secretario Xeral do Eixo, Xoán V. Mao, indica que máis que nunca é tamén fundamental que os proxectos teñan contido e validez, e na área de sustentabilidade nos municipios, debemos falar agora de Sustentabilidade Urbana, xa que non hai sustentabilidade sen unha política urbana transversal.

Nesta reunión, foi elixido o novo Presidente deste Grupo Temático, por unanimidade, Juan Villoslada, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, que agradece o voto de confianza, có compromiso de por a disposición deste Grupo Temático os medios do concello para a coordinación e realización dos traballos.

Foi presentado e posto a debate dos participantes, o Plan de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico, por Emilio Fernández e Francesc Cárdenas, dous dos especialistas que elaboraron o documento, explicando que o obxectivo foi elaborar un documento que fose de utilidade para os municipios, sinalando claramente cal é o horizonte, e que este documento se poida incorporar nos procesos de planificación dos municipios en función dos seus intereses e momento no que se encontren.

A directora do Departamento de Programas e Cooperación presentou o catálogo de servizos da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, ós que tódolos anosse poden candidatar os municipios do Eixo para prestarlles auxilio para aplicar os criterios definidos na Axenda Urbana do Eixo Atlántico e respectivo Plan de Acción, á realidade de cada un deles, tendo en conta as características específicas do territorio onde se pretende intervir. Vilagarcía e Maia confirman a gran utilidade destes servizos ofrecidos polo Eixo, sempre cun elevado nivel de calidade.