Os candidatos de En Marea de Pontevedra reúnense co secretario xeral do Eixo Atlántico
Defenderán os investimentos en I+D+I, a loita contra os incendios na fronteira, as demandas aos cumes hispano portuguesa, as infraestruturas e as cuestións relativas á mobilidade
Os candidatos número uno e dous de En Marea pola provincia de Pontevedra, Iris Malvido e Manuel González Moreira, reuníronse hoxe co secretario xeral do Eixo Atlántico, unha reunión que se enmarca nas mantidas cos candidatos dos partidos representados nas cidades do Eixo Atlántico, tal e como sucedeu en anteriores convocatorias electorais, tanto en España como en Portugal.
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao agradeceu o interese dos candidatos nas propostas da entidade e lembrou que En Marea é a única formación política que solicitou unha entrevista para coñecer as súas propostas, nesta campaña electoral e a única formación política que nos últimos 4 anos asistiu ás reunións que, sobre acción política, organizou o Eixo Atlántico e que sempre estivo dispoñible para defender os intereses da eurorrexión, tanto no Parlamento de Galicia, como no Congreso dos Deputados, en Madrid.
Xoan Mao lembrou que na ultima lexislatura só dúas deputadas nacionais reuníronse co Eixo Atlántico: Alexandra Fernández de En Marea e Pilar Cancela do PSOE.
Na reunión analizáronse o catro eixos que defende o Eixo Atlántico a nivel do Estado:
1) Investimentos en I+D+I
2) Loita contra os incendios na franxa fronteiriza con Portugal
3) Os asuntos relativos aos Cumes hispano-portuguesas (Cume Ibérico)
4) As infraestruturas e, en xeral, todos aqueles asuntos relacionados coa mobilidade.
Neste sentido, o secretario xeral informoulles de que desde fai máis dun mes espérase a resposta do ministro Ábalos sobre o Plan Director de Infraestruturas do Corredor Atlántico e que tamén se atopa paralizada a saída a exposición pública do Estudo Informativo previo da infraestrutura ferroviaria Saída Sur de Vigo para poder presentar á cofinanciamento comunitaria pola súa condición de tramo transfronteirizo, peticións que na opinión de Xoan Mao adquirirían relevancia especial se, como vaticinan as sondaxes, En Marea consegue un numero de deputados que lles permitan ser determinantes na investidura do novo Presidente do Goberno.
Aínda que tanto o Eixo Atlántico, como o seu secretario xeral non entran en valoración partidaria, tampouco poden ignorar os escenarios posibles que permitisen desbloquear as infraestruturas pendentes.
Pola súa banda, tanto, Iris Malvido, como Manuel González Moreira coincidiron nas demandas da entidade e defenderon a necesidade de ter unha voz no Parlamento que poida defender as necesidades da provincia de Pontevedra sen ningún tipo de dependencias doutro xénero.
Iris Malvido manifestou a súa vontade de continuar a política de Alexandra Fernández de compromiso exclusivo de defensa dos intereses de Pontevedra e Galicia.
Malvido trasladou tamén a súa firme convicción da que provincia de Pontevedra debe converterse nun centro de innovación tecnolóxica, “o Silicon Valley galego”, como base do crecemento económico e da competitividade empresarial. Neste sentido, reafirmou que a competitividade “baséase en aumentar a innovación, e non en baixar salarios”.
Pola súa banda, o número 2 por Pontevedra, Manuel González Moreira, fixo fincapé na importancia de reafirmar modelos sociais e investimentos necesarios para reforzar os servizos públicos de calidade que se viron comprometidos pola crise, como a sanidade, a educación e o sistema de pensións, así como, de forma especial, en materia de dependencia, tanto nas axudas ás familias, como nas investigacións e os tratamentos das enfermidades comúns e raras destes colectivos, actualmente en situación precaria.