Skip to main content

Os alcaldes de Braga e Viana do Castelo, cidades do Eixo Atlántico, falan sobre sustentabilidade en Radio Nova

Os alcaldes de Braga e Viana do Castelo, cidades do Eixo Atlántico, falan sobre sustentabilidade en Radio Nova

Ricardo Rio, alcalde de Braga, Luís Nobre, alcalde de Viana, e Xoán Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, explicaron inciativas para adaptar as cidades aos cidadáns, aplicar as enerxías renovables e desenvolver unha economía circular

O pasado 10 de marzo, o Eixo Atlántico reuniu en Viana do Castelo a alcaldes e responsables da Comisión Europea dos eixos prioritarios da Política Urbana. Durante o seminario, inaugurado por José María Costa, secretario de Estado do Mar de Portugal, os expertos profundaron en conceptos como o Pacto Verde e o Novo Bauhaus Europeo.

Ao fío deste evento, Radio Nova realizou un programa no que as cidades de Braga e Viana, ambas as do Eixo Atlántico, explicaron as súas iniciativas e os seus modelos de "cidades para os cidadáns".

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, abriu o programa asegurando nas cidades deben aplicar as medidas que impulsa Europa a través do Pacto Verde xa que son "unha necesidade de supervivencia de nosa propias cidades". No entanto, destacou a importancia de que non se cingan a isto "só para obter diñeiro, se non que deben facelo por convicción. Quen non cumpra estar regras da Comisión Europea, non terá cidades de calidade".

Ricardo Rio, vicepresidente do Eixo Atlántico e presidente da Câmara de Braga, explicou que: "Estamos a falar de cuestións de seca extrema, temos inundacións, os incendios que en 2017, Braga viviu momentos dramáticos polas altas temperaturas no mes de outubro. Por tanto, as alteracións climáticas están aí e xa son moi sensibles fose do que son os territorios extremos. Nun país como o noso, as consecuencias son sensible e, por tanto, hai que reforzar a concienciación e impulsar accións que nos axuden a minimizar as consecuencias".

Luís Nobre, presidente da Câmara de Viana do Castelo, asegurou que: "Viana está a traballar pola vía da rehabilitación urbana e é por iso que temos dúas áreas de rehabilitación por todo o concello, non só no espazo urbano. Queremos traballar o concello como un todo , deixando falar tanto de cidade e falar de territorio. Nesta perspectiva, pensamos que temos políticas para todo o territorio".

Este programa desenvólvese no proxecto C3D cofinanciado polo programa Interreg V-A Espanha-Portugal (POCTEP).

Pode escoitar o programa completo aquí: