O Norte de Portugal figura en segundo lugar tras o Algarve. Portugal ten 360 praias galardoadas
A Asociación Bandeira Azul de Europa (ABAE) anunciou as praias, costeiras e fluviais, galardoadas con bandeira azul en 2020. En total son 360, oito máis do que o ano pasado, manténdose a rexión de Algarve co maior número de bandeiras azuis (91).
No Norte serán 78 bandeiras azuis, das cales, 57 están situadas en municipios do Eixo Atlántico: Braga (1), Macedo de Cavaleiros (2) Matosinhos (12), Mirandela (1), Porto (4), Póvoa de Varzim (9), Viana do Castelo (8) e Vila Nova de Gaia (20).
A rexión Tajo é a terceira con máis praias con bandeira azul, que este ano, debido á pandemia da Covid-19, ten como tema “De volta ao mar, coa actitude de cambiar”.
A Bandeira Azul é un símbolo de calidade que distingue o esforzo de diversas entidades en facer posible a coexistencia do desenvolvemento local e o respecto polo *medioambiente, elevando o grao de concienciación dos cidadáns en xeral, na necesidade de protexer o ambiente mariño, costeiro e lacustre.
Consulte aquí todos os lugares galardoados con bandeira azul este ano.