A novena edición do Torneo Eixo Atlántico pechouse onte no Palacio dos Deportes de Riazor tras un fin de semana de irmandamento entre o hockey patíns portugués e galego. O Valongo proclamouse campión pondo de manifesto o potencial luso na categoría infantil, con tres equipos entre o cinco primeros clasificados. A Compañía de María, sub campión, e o Dominicos, que acabou cuarto tras caer na quenda de penaltis do partido polo terceiro posto contra o Gulpilhares, foron os dous mellores coruñeses do torneo. O Valongo empezou o sábado a súa andaina na competición con dúas vitorias dispares na fase de grupos: goleou ao HC Ferrol (23-0) e impúxose pola mínima ante o HC Compostela (2-1).
Nas semifinais recuperou o seu potencial goleador ante o Dominicos (6-0). A Compañía de María caeu na final e o Dominicos cedeu na quenda de penaltis do partido polo terceiro posto O Valongo escenifica o potencial luso na festa do hockey. Onte, na gran final, derrotou a unha Compañía de María (0-3) que alcanzou o partido polo título cun pleno de triunfos ante Escola Lubiáns (15-4) e Carvalhos (8-2) na fase de grupos e Gulpilhares nas semifinais (3-4). O cadro de honra completouse co Carvalhos, en quinta posición tras derrota ao Compostela (4-2), sexto, o Riba de Ave, sétimo, cunha vitoria ante o Academico (2-3), oitavo, o Deportivo Liceo, noveno con triunfo ante o Obradoiro (4-1), décimo, e o Escola Lubiáns, undécimo tras derrotar ao HC Ferrol (12-2), duodécimo.
A organización do torneo entregou ademais outros premios colectivos ao equipo máis goleador, o Carvalhos, con 35 tantos, polo menos goleado, o Valongo, que só encaixou un en todo o fin de semana, e ao Obradoiro, que recibiu o galardón ao “fair play”. Na entrega de premios participou Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña.