Skip to main content

O secretario xeral do Eixo Atlántico lamenta que Feijóo vaia a Portugal a reclamar o que el non fai en España

O secretario xeral do Eixo Atlántico lamenta que Feijóo vaia a Portugal a reclamar o que el non fai en España

Destaca a necesidade da saída sur de Vigo

O secretario xeral do Eixo Atlántico manifestou a súa sorpresa polas declaracións de Núñez Feijóo con respecto á conexión ferroviaria Porto-Vigo, o que o Eixo Atlántico denomina Lisboa-A Coruña.

“É sorprendente que o presidente de Galicia vaia a Portugal a interesarse por unha liña ferroviaria, que está xa en obras e cuxa data de finalización está prevista para finais de 2019, cando o único tramo que falta para completar a liña, e do que nunca fala a Xunta, é a saída sur de Vigo”, indicou.  Trátase dun tramo que o Goberno galego nunca expuxo ao español responsable da obra durante os seis anos mandato de Mariano Rajoy e do Partido Popular, sendo o Eixo Atlántico a única entidade que lle formulou o tema ao Ministerio e que mesmo encargou ao profesor Rodríguez Bugarín un informe sobre o desenvolvemento e os custos da devandita obra.

Desde que Agustín Hernández deixou de ser conselleiro da CMATI ninguén xamais da Xunta participou na defensa desta liña como demostra o feito de que na viaxe inaugural da reforma do tramo Porto-Vigo coa ministra Ana Pastor e o ministro portugués Álvaro Santos non estivo presente ninguén de de o Goberno galego. Pero aínda resulta máis singular que o grande logro da viaxe do presidente da Xunta en termos de comunicación sexa unha información que é pública e coñeceuse hai máis de medio ano.