Skip to main content

O secretario xeral do Eixo Atlántico destacou os cambios na eurorrexión, Europa e na mentalidade dos seus habitantes ao cumprirse 30 anos da entidade

O secretario xeral do Eixo Atlántico destacou os cambios na eurorrexión, Europa e na mentalidade dos seus habitantes ao cumprirse 30 anos da entidade

Realizou estas declaracións no informativo da Televisión de Galicia, Bos Días

Xoan Vázquez Mao, como secretario xeral do Eixo Atlántico, preguntado polos cambios que se produciron nos últimos 30 anos na eurorrexión, afirmou que houbo un gran cambio na mentalidade dos cidadáns da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e tamén en Europa. Lembrou que a eurorrexión supón, cos seus 7 millóns de habitantes, a cuarta área urbana da Península tras Madrid, Barcelona e Lisboa.

Mao afirmou que existe unha base social moi importante para o encontro entre Galicia e o Norte de Portugal para o intercambio económico, cultural e social.

Resaltou o compromiso da administración portuguesa coa conexión ferroviaria con Galicia, mentres España móvese na indefinición. Neste sentido, reclamou unha aposta @decidido polo Saída Sur de Vigo, mentres, lembrou, Madrid sempre mira ao Mediterráneo, xa sexa polo seu peso político social e económico. Por ultimo, insistiu en que Galicia debe contar cunha política exterior máis activa, que debe liderar o Presidente da Xunta, persoalmente.

 Vexa a entrevista completa: