Skip to main content

O secretario xeral do Eixo Atlántico defende en Onda Cero que a eurorrexión é unha realidade social, irreversible

O secretario xeral do Eixo Atlántico defende en Onda Cero que a eurorrexión é unha realidade social, irreversible

Entrevistado na emisora de Onda Cero en Vigo, Xoan V. Mao afirmou que o goberno de Portugal cre na eurorrexión máis que o goberno de España e para iso puxo de exemplo a duración das cumes bilaterais que, no caso das realizadas con Francia duran día e medio, namentres que as reunións con Portugal apenas chega a medio día.

Cuestionado polas infraestruturas, recalcou a importancia do Saída Sur ferroviaria de Vigo para vertebrar a fachada atlántica entre Ferrol e Lisboa e o Algarve, xa non só por motivos de desprazamentos de poboación, senón como vertebración dos portos galegos e portugueses nunha liña de altas prestacións.

Mao amosou as súas dúbidas sobre os tempos da chegada da AVE a Galicia, anunciados por Renfe. O secretario xeral de Eixo Atlántico afirmou que o AVE non chegará a Vigo, Santiago, Lugo e A Coruña ata que a mediados do próximo ano entren en funcionamento as unidades Avril de ancho variable.

Escoite a entrevista completa (19 minutos):