Skip to main content

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico confía en que “Galicia non perda o tren” e que as conexións deseñadas entre Galicia e Europa se concréten en prazo e investimentos

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico confía en que “Galicia non perda o tren” e que as conexións deseñadas entre Galicia e Europa se concréten en prazo e investimentos

Afirmou que "as conexións ferroviarias do interior de Galicia son claves para a conexión dos portos galegos con Europa"

Nunha conferencia celebrada en Lugo organizada pola plataforma “Lugo non Perdas ou Tren”, o secretario xeral Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, afirmou que a lema “Lugo, non perdas o tren” afecta non só á capital lucense senón que debería ampliarse a “Galicia, non perdas o tren” dado que as conexións ferroviarias do interior de Galicia son claves para a conexión dos portos galegos con Europa.
Xoan V. Mao apostou pola mellora das conexións ferroviarias entre Lugo e Ourense cun tren de calidade e frecuencias adecuadas “para un traxecto que non debería superar os 40 ou 50 minutos entre ambas capitais”.
Para o secretario xeral do Eixo Atlántico é necesario que se concreten as conexións ferroviarias que afectan o interior de Galicia, tanto no Corredor do Atlántico que une Galicia co resto de Europa a través de Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras, como á liña Coruña-Lugo-Monforte de Lemos.