O secretario xeral da federación ferroviaria de CC.OO. de Pontevedra reúnese co alcalde de Viana do Castelo e co secretario xeral do Eixo Atlántico, que mostra o seu apoio e interese á liña piloto Vigo-Viana
O sector ferroviario de CCOO presentou ao alcalde da Câmara Municipal de Viana do Castelo, a súa proposta de Rede de proximidade que está acordado entre municipios, outras institucións, asociacións de empresarios, etc,. na provincia de Pontevedra e que incorpora como innovación a xestión internacional de proximidade, entre as operadoras do transporte ferroviario de ambos os países: Portugal e España
Esta mañá reuníronse o secretario xeral da federación ferroviaria de CC.OO. de Pontevedra, Antón Conde reúnese co Presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo, Luís Nobre, e co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.
A economía das poboacións que se atopan na actual liña ferroviaria do Miño, así como a súa vertente cultural e social veríanse aumentadas e complementadas, ao dispor de opcións de mobilidade a través de servizos ferroviarios frecuentes e tarifas económicas. A estrutura ferroviaria xa existe actualmente, basta con pór en valor a optimización da súa explotación para mellorar o transporte de viaxeiros. Servizos ferroviarios de proximidade, coordinados con estacións intermodais que aseguran a continuidade por medio de: autobuses, taxis e embarcacións, son eixos de mobilidade até o momento pendentes de formar parte dunha rede de transporte integral.
Proxectar a xestión da mobilidade de traballadores e estudantes en áreas que alcanzan máis dun millón de persoas na rede ferroviaria de proximidade, compartida entre ambos os países, é unha necesidade para o progreso social e económico. Tal proposta uniría as estacións ferroviarias de Viana do castelo e Vigo, potenciando as conexións coa Alta Velocidade, Longa Distancia e Media Distancia neste lado da fronteira e cos trens portugueses. Actualmente do trece trens que proveñen do Sur de Portugal, unicamente dous continúan até Vigo.