Skip to main content

"O que debemos facer é reducir a cantidade de combustible a través do pastoreo, agricultura, silvicultura.... Incluso utilizando o propio lume como ferramenta de xestión", asegura o enxeñeiro de montes, Juan Picos

"O que debemos facer é reducir a cantidade de combustible a través do pastoreo, agricultura, silvicultura.... Incluso utilizando o propio lume como ferramenta de xestión", asegura o enxeñeiro de montes, Juan Picos

Onda Cero e Antena Minho emitiron un programa conxunto sobre como previr os incendios forestais no Norte de Portugal e Galicia, no que participaron: Patrícia Gaspar (Secretaria de Estado dá Administração Interna de Portugal), Alfredo García (alcalde de O Barco), e os Enxeñeiros de Montes Juan Picos e António Salgueiro

Durante o programa, os invitados hablaro de que técnicas utilizar para evitar incendios catastróficos como os vividos en 2017 e o verán pasado, en 2022. Ademais, os enxeñeiros achegaron un punto de vista máis técnico e explicaron que "o lume non vai desaparecer, é parte do ecosistema, hai que telo do noso lado".

Patrícia Gaspar, Secretaria de Estado dá Administração Interna de Portugal, asegurou que: "Todos os indicadores que temos apuntan a que haberá un verán seco con temperaturas fóra do normal e, por tanto, cun gran risco de incendios . O obxectivo é un traballo moi forte para preparar a resposta operacional e previr catástrofes. A prevención é un traballo continuo que non se fai só na véspera dos periodios críticos, se non que é un traballo que ten unha dimensión estrutural e conxuntural, como a limpeza anualmente de montes. Trátase dun traballo transversal en toda a nosa sociedade".

Hai unha semana, o Goberno de Portugal presentou o dispositivo de combate a incendios. En relación a isto, a Secretaria de Estado afirmou: "Proximamente daremos os datos concretos de dispositivos operacionales pero, adianto, que non se prevé ningunha diminución dos numeros do ano pasado, ao contrario, manteremos o reforzo"

Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, zona afectada polos incendios do verán de 2022, asegurou que: "As axudas da Xunta polos incendios do verán pasado chegaron e chegaron pronto, moi áxil, pero creo que hai un erro: as persoas afectadas recibiron esta axuda como unha indemnización e, por tanto, non teñen obrigación de gastar ese diñeiro na rehabilitación desas vivendas. Isto pode provocar que moitos pobos queden en, soamente, solares. Afortunadamente, en O Barco xa temos tres proxectos para rehabilitar as vivendas pero estamos seguros que non todas se rehabilitarán".

"Non é cuestion de diñeiro para repor os danos. O obxectivo prioritario e único é que este tipo de incendios non se volva a repetir, cousa que, se non cambiamos totalmente a xestión que facemos do territorio, non imos poder conseguir. O problema é o territorio improductivo que temos e a única solución é que volva ser produtivo", concluíu o alcalde.

António Joaquim Salgueiro, enxeñeiro forestal, explicou que: "Os territorios valorizados son máis fáciles de protexer pero hai utopías como a limpeiza de foresta, que non existe. Nós temos un dos climas máis propicios do noso planeta a existencia de lumes porque somos un clima no que a estación máis quente coincide coa máis seca. Se imos a partir da idea de evitar o lume no noso territorio, partimos dun erro".

Juan Picos, enxeñeiro de Montes e director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, coincidiu coa teoría do experto portugués. "O que move estes grandes incedios, ademais da parte meteorolóxica, é a cantidade de combustible que hai, de bioamsa vexetal, e hai moi poucas cousas para reducila: ou a comemos nós, ou os animais, ou a trituramos, ou arde".

"O que debemos facer é reducir a cantidade de combustible na xestión de territorio a través do pastoreo, agricultura, silvicultura.... Incluso utilizando o propio lume como ferramenta de xestión que permita cambiar incendios de alta intensidade por manexo de lumes de baixa intensidade. O lume vai seguir no territorio e o que debemos facer é tentar polo do noso lado a través de queimas controladas para reducir o combustible ou acompañando, desde un punto de vista técnico, pequenos incendios de baixa intensidade que teñen lugar no inverno", engadiu.


António Joaquim Salgueiro e Juan Picos escribiron, en 2018, un informe do Eixo Atlántico "Cooperación Transfronteiriza na prevención e extinción de incendios forestais no Eixo Atlántico". Pode descargalo aquí.

Pode escoitar o programa completo aquí:

Esta actividad se desarrolla en el marco del proyecto Fénix, cofinanciada por el programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.