Participaron Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, Roberto San Salvador, coordinador do Informe, Lara Méndez, presidenta do Eixo Atlántico, e Adelina Pinto, presidenta do Grupo Temático de Educación e Cultura
Onda Cero Galicia e Antena Minho presentaron o primeiro Mapa de Cohesión dun sistema urbano transfronteirizo nun programa conxunto conducido por Anxos San Luís e Rui Sequeira. Durante a primeira parte.
O Mapa de Cohesión non é só unha fotografía de cada cidade que pertence ao Eixo Atlántico, senón que tamén pretende compartir información dos municipios entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaban a Axenda Urbana. ?e iso é o que fixemos dunha forma innovadora porque ves a primeira vez que un sistema urbano transfronteirizo acomete a elaboración dun mapa de cohesión para coñecer a situación exacta do territorio e a comparativa no ámbito da cohesión social?, subliñou Xoan Vázquez Mao.
O Mapa de Cohesión, o primeiro dun sistema urbano transfronteirizo, estuda a complexidade social, a igualdade de oportunidades, as brechas da vulnerabilidade; a dixitalización, a fenda dixital; a competitividade económica, o emprego digno e a brecha xeracional.
Na segunda parte do programa tratouse o Cume Ibérico celebrada o pasado 4 de novembro en Viana do Castelo, evento que o secretario xeral do Eixo Atlántico cualifica como"decepcionante"
Pode escoitar o programa completo aquí: