O GT de Deportes pecha os detalles para a celebración dos XIV Xogos do Eixo Atlántico en xullo
A reunión do grupo Temático de Deportes, celebrada o martes, tratou a organización dos XIV Xogos, dos torneos e do VI Seminario de Intercambio de Experiencias
26 municipios, xunto co departamento de Progras e Cooperación del Eixo Atlántico do Eixo Atlántico e o representante do IPDJ, acudiron á reunión virtual do Grupo Temático (GT) de Deportes do Eixo Atlántico.
O eixo principal da reunión foi a organización da XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán en Maia no mes de xullo. Según informou o Representante da Maia, este ano preténdese: “fazer algo diferente do habitual e que potencie o espirito de convivencia”.
Coma novidade, nos Xogos de Maia, cada participante terá un cartaz dixital a través do cal accederá a comidas e a todas as zonas precisas de indentificación. A tarxeta terá associada unha APP onde ponden acompañar os calendários dos xogos, horários de transportes, actividades extra deportivas, etc. O obxectivo desta iniciativa é reducir o papel xa que para a cidade portuguesa é moi importante “a questão digital e a ambiental”.
O segundo punto a tratar durante a reunión foron os torneos. O representante de A Coruña presentou a memoria da IX edición que tivo lugar os días 27 e 28 de novembro. Para a edición de 2022 propuxeron ao GT a realización dun amistoso entre a selección feminina galega e a selección feminina que poida ser formada do norte de Portugal, proposta que foi moi ben recibida polos asistentes.
Por último, resaltouse que, despois de catro anos, vólvese a celebrar o Seminario de Intercambio de Experiencias. A súa VI edición, que estaba prevista para 2020. Tivo que aprazarse ata o 2022 por motivo da pandemia. O evento desenvolverase en Bragança durante o mes de outubro en el coñeceranse casos de éxito en varios ámbitos relacionados co mundo do deporte. Entre eles destacouse ao deporte inclusivo e á erradicación da violencia.