Skip to main content

O Grupo Temático de Política Social reúnese por primeira vez para analizar o Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico

O Grupo Temático de Política Social reúnese por primeira vez para analizar o Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico

A reunión, celebrada o mércores 23 de marzo en Lalín, foi presidida polo Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e polo alcalde de Lalín, José Crespo

Roberto San Salvador e Fernando Villatoro, catedrático e investigador, respectivamente, da Universidade de Deusto, presentaron o Mapa de Coesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico.

A reunión contou tamén coa presenza dos representantes políticos e técnicos dos municipios e diputacións do Eixo Atlántico.

As cidades consideraron que se trata dun documento innovador e aseguraron que van a continuar traballando para conseguir un documento sólido. Para iso, organizarasen reunións sectoriais cos municipios e diputacións para avanzar no Mapa de Cohesión e debater cuestións de forma particular.

Este mapa, máis que obter datos importantes sobre a vida dos ciudadáns,  desbrúzase sobre a brecha de vulnerabilidade en temas como as condicións de vida e seguridade, educación, traballo, saúde e participación na vida política. Estes temas despois son relacionados coas brechas transversais: de xénero, xeracional e dixital.

O estudo, ademáis de sacar unha fotografía das condicións de vida dos ciudadáns, posibilita aos gobernos municipais a creación de políticas sociais axustadas á súa realidade. O informe deberá estar finalizado antes do mes de agosto para preparar futuras propostas para os fondos europeos.

Trátase dunha experiencia pioneira a nivel europeo, xa que é a primeira vez que se van realizar un mapa de cohesión nun sistema urbano transfronteirizo. A súa finalidade é o cumprimiento dos obxectivos de desenvolvemento sostible fixados pola ONU como parte da Axenda 2030, entre os que se encontra lograr que as ciudades sexan inclusivas, seguras, resilientes e sostibles.